■ Modo de espera
Cando o teléfono está preparado para ser usado e aínda non inseriu ningún
carácter, o teléfono está en modo de espera.
Minipantalla
1 Indicador de modo de rede
2 Intensidade do sinal da rede de telefonía móbil
3 Nivel de carga da batería
4 Indicadores
5 Nome da rede ou logo do operador
6 Reloxo e data ou perfil
18
I n t r o d u c i ó n
Pantalla principal
1 Indicador de modo de rede
2 Intensidade do sinal da rede de telefonía móbil
3 Nivel de carga da batería
4 Indicadores
5 Nome da rede ou logo do operador
6 Reloxo
7 Pantalla principal
8 A tecla de selección esquerda é Ir a ou un acceso
directo a outra función. Vexa “Teclas de selección
esquerda e dereita”, páx. 35.
9 A tecla de selección central é Menú.
10 A tecla de selección dereita pode ser Nomes para acceder á lista de contactos
no menú Guía ou o nome específico dun operador para acceder a unha páxina web
específica do operador ou un acceso directo á función seleccionada. Vexa "Os
meus accesos directos", páx. 35.
Espera activa
No modo de espera activa, na pantalla amósase unha selección das funcións do
teléfono e información á que pode acceder directamente no modo de espera. Para
activar ou desactivar o modo, seleccione Menú > Axustes > Pantalla principal >
Espera activo > Modo espera activa > Activado ou Desactivado.
No modo de espera activa, desprácese para arriba ou para abaixo para navegar
pola lista. Se ao comezo e ao final dunha liña aparecen frechas que apuntan cara á
esquerda e á dereita, estas indican que existe máis información. Para acceder a
ela, despracese á esquerda ou á dereita. Para saír do modo de navegación de
espera activa, seleccione Saír.
Para organizar e cambiar o modo de espera activa, active o modo de navegación e
seleccione Opcións > Personalizar vista.
Indicadores
Ten mensaxes sen ler.
Ten correo de voz novo.
Ten mensaxes sen enviar, canceladas ou que non se puideron enviar.
19
I n t r o d u c i ó n
Ten unha chamada perdida.
,
O teléfono está conectado co servizo de mensaxería instantánea e o
estado de dispoñibilidade é en liña ou fóra de liña.
Recibiu unha ou varias mensaxes instantáneas.
O teclado está bloqueado.
O teléfono non soa para chamadas entrantes nin mensaxes de texto.
O espertador está activado.
O temporizador está en marcha.
O cronómetro está en marcha.
O teléfono está rexistrado nas redes GPRS ou EGPRS.
Estableceuse unha conexión GPRS ou EGPRS.
Suspendeuse a conexión GPRS ou EGPRS (en espera).
A conectividade Bluetooth está activada.
,
A conexión premer para falar está activada ou foi suspendida.
Se ten dúas liñas de teléfono, seleccionarase a segunda.
Todas as chamadas entrantes desviaranse a outro número.
O altofalante está activado ou a estación de altofalantes está conectada
ao teléfono.
As chamadas limitaranse a un grupo de usuarios pechado.
O perfil temporizado está seleccionado.
, ,
ou
Un dos accesorios seguintes está conectado o teléfono: auriculares, mans
libres, amplificador auditivo ou estación de altofalantes.