Nokia 3610 fold - Modo voo

background image

Modo voo

Pode desactivar tódalas funcións de frecuencia de radio e seguir accedendo a os
xogos, calendario e números de teléfono sen liña. Use o modo voo nos ambientes
sensibles á radio – en avións ou hospitais. Cando está activo o modo voo,
amósase

.

Seleccione Menú > Axustes > Perfís > Voo > Activar ou Personalizar.

background image

20

C h a m a d a s

Para desactivar o modo voo, seleccione calquera outro perfil.

Advertencia: co perfil de voo non pode facer nin recibir chamadas, nin
sequera chamadas de urxencia, nin usar outras funcións que necesitan
cobertura de rede. Para efectuar chamadas, primeiro cómpre activar a
función do teléfono mediante a modificación dos perfís. Se necesita
efectuar unha chamada de urxencia mentres o teléfono se atopa
bloqueado e no perfil de voo, é posible que poida acceder a un número de
urxencia oficial programado no dispositivo no campo de código de
bloqueo e seleccionar Chamadas. O dispositivo confirmará que está a
piques de saír do perfil de voo para efectuar unha chamada de urxencia.