■ Tarxeta microSD
A tarxeta microSD pode cargarse con datos como melodías, temas,
tons, imaxes e vídeos. Se borra, volve a cargar ou substitúe esta
tarxeta, estas funcións e características talvez non funcionen
correctamente.
Utilice unicamente tarxetas microSD compatibles autorizadas por Nokia para
utilizar co dispositivo. Nokia utiliza estándares da industria autorizados para as
17
I n t r o d u c i ó n
tarxetas de memoria, pero pode que algunhas marcas non sexan totalmente
compatibles con este dispositivo. As tarxetas incompatibles poden danar a tarxeta
e o dispositivo e estragar os datos gardados na tarxeta. A tarxeta microSD pódese
extraer ou substituír co teléfono en funcionamento sen necesidade de apagalo.
Importante: non retire a tarxeta de memoria durante unha operación na que se
estea accedendo á mesma, xa que, do contrario, poderíase danar a tarxeta de
memoria, o dispositivo e os datos almacenados na tarxeta.
1. Retire a tapa da batería e a batería.
Abra o portatarxetas da tarxeta de
memoria.
2. Introduza a tarxeta de memoria coa
zona de contacto de cor dourada cara a
arriba.
3. Poña novamente o portatarxetas no
seu lugar.
4. Cerre o portatarxetas da tarxeta de
memoria. Volva colocar a tapa traseira.