Nokia 3610 fold - Cámara

background image

Cámara

A cámara crea imaxes no formato JPEG e videoclips no formato 3GPP. A lente da
cámara atópase na parte dianteira do teléfono. A pantalla en cor serve de visor.

Facer unha fotografía

Para abrir o visor da cámara, seleccione Menú > Multimedia > Cámara.

Para aumentar ou diminuír o zoom no modo Cámara, prema as teclas de volume
para arriba ou para abaixo.

Para facer unha fotografía, seleccione Capturar ou pulse a tecla de cámara.
O teléfono garda as fotografías na tarxeta de memoria.

Se hai pouca luz, seleccione Opcións > Modo noctur. activ..

Para tomar unha secuencia rápida de fotografías, seleccione Opcións> Secuen.
imx. activ.
Dependendo do tamaño das fotografías, tomaranse tres ou oito imaxes.

Para ver unha fotografía inmediatamente despois de facela, seleccione Opcións >
Axustes > Tempo de vista previa de imaxes e o tempo de vista previa. Durante o
tempo de vista previa, seleccione Atrás para facer outra fotografía ou Enviar para
enviar a fotografía como mensaxe multimedia.

O teléfono admite unha resolución de imaxe de ata 1024 x 1280 píxeis.

Opcións de cámara e vídeo

Para utilizar un filtro, seleccione Opcións > Efectos > Normal, Escala de grises,
Sepia ou Negativo.

Para cambiar os axustes de cámara e vídeo, seleccione Opcións > Axustes.