Nokia 3610 fold - Gravadora

background image

Gravadora

Pode gravar fragmentos de discurso, son ou unha chamada activa e gardalos en
Galería. Isto é útil cando se grava un nome ou número de teléfono para anotalo
despois.

A gravadora non pode empregarse se se atopa activa unha chamada de datos ou unha
conexión GPRS.

Gravar son

1. Seleccione Menú > Multimedia > Gravadora.

Para usar as teclas gráficas

,

ou

na pantalla, prema a tecla de

desprazamento dereita ou esquerda ata localizar a tecla desexada e
selecciónea.

2. Para comezar a gravación, seleccione

. Para comezar a gravación durante

unha chamada, seleccione Opcións > Gravar. Durante a gravación dunha
chamada, ambos interlocutores escoitan un son agudo feble. Cando grave
unha chamada, manteña o teléfono na posición normal preto da orella. Para
deter momentaneamente a gravación, seleccione

.

3. Para rematar a gravación, seleccione

. A gravación gárdase en Galería >

Gravacións.

Para escoitar a última gravación, seleccione Opcións > Reprod. últ. grav..

Para enviar a última gravación, seleccione Opcións > Enviar últ. gravado.

Para ver a lista de gravacións en Galería, seleccione Opcións > Lista
gravacións
> Gravacións.