Nokia 3610 fold - Reprodutor de música

background image

Reprodutor de música

O seu teléfono inclúe un reprodutor de música para escoitar cancións, gravacións
ou outros arquivos de audio transferidos ao teléfono coa aplicación Nokia Audio
Manager, que forma parte de Nokia PC Suite. Vexa “Nokia PC Suite”, páx. 56.

Os arquivos de música gardados nunha carpeta da memoria do teléfono ou da
tarxeta de memoria detéctanse automaticamente e engádense á discoteca
predeterminada.

Para abrir o reprodutor de música, seleccione Menú > Multimedia > Reprod.
música
.

Reproducir música

Advertencia: escoite música a un volume moderado. A exposición continua a niveis
elevados de volume pode danar a súa capacidade auditiva. Non suxeite o
dispositivo preto do seu oído co altofalante activado, xa que o son podería emitirse
a un nivel de volume extremadamente elevado.

Para manexar o reprodutor de música, utilice as teclas do teléfono ou as teclas
virtuais da pantalla.

Ao abrir o menú Reprod. música, amósanse os detalles da primeira canción da
discoteca predeterminada. Para reproducir, seleccione

.

Para axustar o volume, prema as teclas de volume situadas no lateral do teléfono.

Para deter momentaneamente a reprodución, seleccione

.

Para deter a reprodución, prema e manteña pulsada a tecla rematar.

Para pasar á seguinte canción, seleccione

. Para pasar ao comezo da canción

anterior, seleccione

.

background image

47

M u l t i m e d i a

Para rebobinar a canción actual, seleccione e manteña pulsado

. Para avanzar

rapidamente pola canción actual, prema e manteña pulsado

. Solte a tecla na

posición desexada.