■ Vídeo
É posible gravar videoclips en formato 3GPP. O tempo de gravación dispoñible
depende da lonxitude do videoclip e dos axustes de calidade.
A lonxitude e o tamaño do arquivo dos videoclips pode variar dependendo da
calidade seleccionada e da memoria dispoñible. Para axustar a calidade dos
videoclips, seleccione Menú > Multimedia > Vídeo > Opcións >
Axustes >Calidade de videoclip > Alta, Normal ou Básica.
Para axustar o tamaño máximo do arquivo, seleccione Menú > Multimedia >
Vídeo > Opcións > Axustes > Duración videoclip. Predeterminada significa que o
tamaño do arquivo está limitado para que caiba nunha mensaxe multimedia
(o tamaño das mensaxes multimedia pode variar entre dispositivos). Máxima
46
M u l t i m e d i a
significa que se utiliza toda a memoria dispoñible. A memoria dispoñible depende
do lugar onde se garda o videoclip.
Gravar un videoclip
Seleccione Menú > Multimedia > Vídeo > Gravar. Tamén pode premer e manter
pulsada a tecla de cámara. Para facer unha pausa na gravación, seleccione Pausa;
para continuar coa gravación, seleccione Contin.. Para deter a gravación,
seleccione Deter. O teléfono garda a gravación en Galería > Videoclips.
Para aumentar ou diminuír o zoom, prema a tecla de baixar ou subir volume ou
desprácese a esquerda e dereita.