
■ Axenda
Seleccione Menú > Organizad. > Axenda.
O día actual indícase enmarcado por un recadro. Se hai algunha nota axustada
para ese día, o día aparece en negriña e o comezo da nota amósase debaixo da
axenda. Para ver as notas do día, seleccione Ver. Para ver unha semana, seleccione
Opcións > Vista da semana. Para borrar todas as notas da axenda, seleccione a
vista do mes ou da semana e seleccione Opcións > Borrar tod. notas.
Para cambiar a información de hora e data, seleccione Axustes.
Para axustar o teléfono de xeito que borre todas as notas antigas transcorrido un
tempo especificado, seleccione Borrado automatico de notas.

49
O r g a n i z a d o r
Facer unha nota na axenda
Seleccione Menú > Organizad. > Axenda. Desprácese ata a data e seleccione
Opcións > Facer unha nota e un dos tipos de nota seguintes:
Aviso,
Xuntanza,
Chamar,
Aniversario ou
Memorando. Cubra os campos.
Alarma para unha nota
O teléfono amosa a nota e, se está axustado para iso, emite un ton. Se aparece
unha nota de chamada
na pantalla, prema a tecla de chamada para chamar ao
número visualizado. Para deter a alarma e ver a nota, seleccione Ver. Para deter a
alarma durante 10 minutos, seleccione Repetir.
Para deter a alarma sen ver a nota, seleccione Saír.