Nokia 3610 fold - Cronómetro

background image

Cronómetro

Pode medir o tempo, obter tempos intermedios ou tempos parciais usando o
cronómetro. Mentres está a medir o tempo, pode usar outras función do teléfono.

Seleccione Menú > Organizad. > Cronómetro e unha das opcións seguintes:

Dividir horario — para obter tempos intermedios. Para comezar a medición de
tempo, seleccione Iniciar. Seleccione Dividir cada vez que queira obter un tempo
intermedio. Para deter a medición de tempo, seleccione Deter.

Para comezar a medición de tempo de novo, seleccione Opcións > Iniciar. O
tempo novo engádese ao tempo previo. Para restablecer o tempo sen gardalo,
seleccione Restablecer.

Para gardar o tempo medido, seleccione Gardar.

Tempos parciais — para obter os tempos parciais.

Para axustar que o cronómetro funcione en segundo plano, prema a tecla rematar.
Seleccione Continuar para ver a medición do tempo en segundo plano.