Nokia 3610 fold - Espertador

background image

Espertador

O teléfono pode axustarse para activar o espertador a unha hora determinada.
Seleccione Menú > Organizad. > Despertador.

Para axustar o espertador, seleccione Hora de alarma e insira a hora de alarma.
Para cambiar a hora de alarma cando xa está axustada, seleccione Activado.

Para configurar o teléfono de modo que o esperte uns días seleccionados da
semana, seleccione Repetir alarma.

Para escoller o ton de alarma, seleccione Ton de alarma:.

Para axustar o tempo máximo de espera para a repetición da alarma, seleccione
Tempo máximo espera repetición e a hora.

Deter a alarma

O ton de alerta soa aínda que o teléfono estea apagado. Para deter a alarma,
seleccione Deter. Se deixa que a alarma do teléfono siga soando durante un
minuto ou selecciona Repetir, a alarma detense durante o tempo configurado en
Tempo máximo espera repetición e logo continúa.