■ Descargar unha aplicación
O seu teléfono admite aplicacións Java J2ME. Asegúrese de que a aplicación é
compatible co seu teléfono antes de descargala.
Importante: instale e utilice só aplicacións e outro software procedente de fontes
de confianza, coma aplicacións Symbian ou que teñan pasado a proba Java
Verified
TM
.
Pode descargar aplicacións Java e xogos novos de diferentes formas.
Use o Nokia Application Installer do PC Suite para descargar aplicacións para o
seu móbil ou seleccione Menú > Aplicacións. > Opcións > Descargas >
Descargas aplicac.; aparece a lista dos favoritos dispoñibles. Vexa “Favoritos”,
páx. 53.
Se desexa coñecer a dispoñibilidade e os prezos, póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos.