■ Axustes de seguridade
Cookies e caché
Unha cookie é un dato que unha páxina web garda na memoria caché do teléfono.
As cookies permanecen gardadas ata que se limpa a memoria caché.
Durante a navegación, seleccione Opcións > Outras opcións > Seguridade >
Axustes da cookie. Para permitir ou impedir que o teléfono reciba cookies,
seleccione Permitir ouRexeitar.
A caché é unha localización da memoria utilizada para almacenar datos temporalmente. Se
tentou acceder ou accedeu a información confidencial para o que necesitou inserir
contrasinais, baleire a caché despois de cada uso. A información ou os servizos aos que
accedeu almacénanse na caché. Para baleirar a caché, seleccione Opcións > Outras
opcións > Borrar a caché.
Scripts en conexión segura
Pode seleccionar se desexa permitir o funcionamento de scripts dunha páxina
segura. O teléfono admite scripts WML.
Durante a navegación, para autorizar scripts, seleccione Opcións > Outras
opcións > Seguridade > Axust. WMLScript.