Nokia 3610 fold - Caixa de entrada do servizo

background image

Caixa de entrada do servizo

O teléfono pode recibir mensaxes de servizo enviadas polo seu fornecedor de
servizos (servizo de rede). As mensaxes de servizo son notificacións (por exemplo,
titulares de noticias) e poden conter unha mensaxe de texto ou un enderezo dun
servizo.

background image

54

W e b

Para acceder á Caixa entrada servizo no modo de espera, seleccione Amosar
cando reciba unha nova mensaxe do servizo. Se selecciona Saír, a mensaxe
móvese á Caixa entrada servizo. Para acceder máis tarde á Caixa entrada servizo,
seleccione Menú > Web > Caixa entrada servizo.

Axustes da caixa de entrada de servizo

Seleccione Menú > Web > Axustes > Axustes da caixa entrada servizo.

Para axustar se recibir mensaxes de servizo, seleccione Mensaxes de servizo >
Activada ou Desactivada.

Para axustar que o teléfono reciba só mensaxes de servizo de autores de contido
autorizados polo fornecedor de servizos, seleccione Filtro de mensaxes > Activado.
Para ver a lista dos autores de contido autorizados, seleccione Canais fiables.

Para axustar o teléfono de modo que active automaticamente o navegador
estando en modo de espera cando o teléfono recibe unha mensaxe de servizo,
seleccione Conexión automática > Activada. Se selecciona Desactivada, o
teléfono só activa o navegador despois de seleccionar Recuper. cando o teléfono
recibe unha mensaxe de servizo.