
■ Conectar cun servizo
Comprobe que están activos os axustes de configuración correctos do servizo.
Para seleccionar os axustes para conectarse ao servizo:
1. Seleccione Menú > Web > Axustes > Axustes de configuración.
2. Seleccione Configuración. Só se amosan as configuracións que admiten
o servizo de navegación. Seleccione un fornecedor de servizos,
Predeterminados ou Configur. persoal para navegar.
O fornecedor de servizos pode enviarlle os axustes de configuración en forma
de mensaxe de configuración precisados para navegar.
3. Seleccione Conta e unha conta do servizo de navegación entre as que aparecen
nos axustes de configuración activos.
4. Seleccione Amosar a fiestra terminal > Si para executar a autenticación
manual do usuario para as conexións Intranet.
Para conectar co servizo, siga un dos métodos seguintes:
• Seleccione Menú > Web > Inicio; ou no modo en espera, prema e manteña
pulsado 0.
• Para seleccionar un servizo desde favoritos, seleccione Menú > Web >
Favoritos.
• Para seleccionar a última URL, seleccione Menú > Web > Últ. ender. web.
• Para inserir o enderezo do servizo, seleccione Menú > Web > Ir a enderezo.
Insira o enderezo do servizo e seleccione Aceptar.

53
W e b