
■ Seguridade do navegador
Algúns servizos poden requirir funcións de seguridade, como a banca ou compras
en liña. Para levar a cabo estas conexións precisa certificados de seguridade e
posiblemente un módulo de seguridade que pode estar dispoñible na súa tarxeta
SIM. Para obter máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.
Módulo de seguridade
O módulo de seguridade mellora os servizos de seguridade para aplicacións que
precisen unha conexión co navegador e permite utilizar a sinatura dixital do
usuario. O módulo de seguridade pode conter certificados e mais claves privadas e
públicas. O fornecedor de servizos garda os certificados nun módulo de
seguridade.
Para ver ou cambiar os axustes do módulo de seguridade, seleccione Menú >
Axustes > Seguridade > Axustes do módulo de seguridade.
Certificados
Importante: aínda que o uso de certificados reduce considerablemente os riscos
implicados nas conexións remotas e na instalación de software, estes deben usarse
correctamente para o aproveitamento pleno da súa funcionalidade.

55
W e b
A existencia dun certificado non ofrece protección por si mesmo. O administrador do
certificado debe dispoñer de certificados correctos, auténticos ou fiables para poder
aumentar a seguridade. Os certificados teñen data de caducidade. Se se visualiza
"Certificado caducado" ou "Certificado inválido" mesmo se o certificado debera ser válido,
comprobe que a data e hora actuais no seu dispositivo son correctas.
Antes de modificar os axustes dos certificados, cómpre asegurarse de que o propietario do
certificado é realmente fiable e que pertence realmente ao propietario facilitado.
Existen tres tipos de certificados: certificados do servidor, certificados de
autoridade e certificados do usuario. Pode recibir estes certificados do seu
fornecedor de servizos. O fornecedor de servizos tamén pode gardar os
certificados de autoridade e do usuario no módulo de seguridade.
Para ver a lista de certificados do usuario ou de autoridade descargados no
teléfono, seleccione Menú > Axustes > Seguridade > Certificados de autoridade
ou Certificados usuario.
visualízase durante a conexión, se a transmisión de datos entre o teléfono e
o servidor de contido está codificada.
A icona de seguridade non indica se a transmisión de datos entre a pasarela e o servidor de
contido (ou lugar onde se almacena o recurso solicitado) é segura. O fornecedor de servizos
protexe a transmisión de datos entre a pasarela e o servidor de contido.
Sinatura dixital
Pode realizar sinaturas dixitais co seu teléfono se a tarxeta SIM ten un módulo de
seguridade. O uso da sinatura dixital equivale a asinar co seu nome nunha factura
en papel, contrato ou outro documento.
Para facer unha sinatura dixital, seleccione unha ligazón dunha páxina, por
exemplo, o título do libro que quere mercar e o seu prezo. Amósase o texto para
asinar, que pode incluír o importe e a data.
Comprobe que o texto do encabezado está en Ler e que aparece a icona
da
sinatura dixital.
Nota: se a icona de sinatura dixital non aparece, hai problemas de vulnerabilidade
e non debe inserir ningún dato persoal como o seu PIN de sinatura.
Para asinar o texto, léao primeiro por completo e seleccione Asinar.
É probable que o texto non caiba nunha única pantalla. Polo tanto, asegúrese de
desprazalo ata abaixo de todo e lelo na súa totalidade antes de asinar.
Seleccione o certificado de usuario que desexa utilizar. Insira o PIN de sinatura.
Desaparece a icona de sinatura dixital e o servizo pode amosar a confirmación de
compra.

56
C o n e c t i v i d a d e c o o r d e n a d o r