Nokia 3610 fold - Bluetooth

background image

Bluetooth

Use a tecnoloxía Bluetooth para conectar con Internet un ordenador portátil
compatible. O teléfono debe ter activado un fornecedor de servizos que permita o
acceso a Internet e o seu ordenador debe ser compatible con tecnoloxía Bluetooth
PAN (perfil de rede de área persoal). Despois de conectar co servizo de punto de
acceso da rede (NAP) do teléfono e vincular co seu ordenador, o teléfono abre
unha conexión de paquete de datos a Internet de forma automática. Cando está a
utilizar o servizo NAP do teléfono non é necesario instalar o software PC Suite.
Vexa “Tecnoloxía sen fíos Bluetooth”, páx. 36.