Nokia 3610 fold - Instrucións de autenticación das baterías de Nokia

background image

Instrucións de autenticación das baterías de Nokia

Utilice sempre baterías orixinais de Nokia pola súa seguridade. Para asegurarse de que está a
mercar unha batería orixinal de Nokia, mérquea nun distribuidor autorizado de Nokia, e leve
a cabo os seguintes pasos para comprobar se presenta a etiqueta co holograma:

A correcta realización dos pasos indicados non garante totalmente a autenticidade da
batería. Se ten razóns para pensar que a batería non é unha batería auténtica e orixinal de
Nokia, non a utilice e envíea a un distribuidor ou ao centro de servizo técnico máis próximo
de Nokia para recibir asistencia. O distribuidor ou o centro de servizo técnico autorizado de
Nokia inspeccionará a batería para determinar a súa autenticidade. En caso de que non sexa
posible, devolva a batería ó establecemento de compra.

Holograma de autenticación

1. Cando mire ó holograma situado na etiqueta, debe ver o
símbolo no que se unen as mans de Nokia dende un ángulo e
o logotipo de accesorios orixinais de Nokia se o mira dende o
outro ángulo.

2. Cando olla o holograma dende a esquerda, dereita, arriba e
abaixo, debe ver 1, 2, 3 e 4 puntos en cada lado
respectivamente.

background image

59

C o i d a d o e m a n t e m e n t o

Qué debe facer se a batería non é auténtica?

Se non pode confirmar se a batería co holograma na etiqueta é unha batería Nokia
auténtica, non a utilice. Envíea ó distribuidor ou ó centro de servizo técnico de Nokia máis
próximo para obter asistencia técnica. A utilización dunha batería non autorizada polo
fabricante pode resultar perigosa, provocar un rendemento deficiente e danar o dispositivo e
os seus accesorios. Tamén pode invalidar a autorización de uso e a garantía do dispositivo.

Se desexa ampliar a información sobre as baterías orixinais Nokia, visite
www.nokia.com/battery.