Nokia 3610 fold - Facer unha chamada

background image

Facer unha chamada

1. Introduza o número de teléfono e o prefixo.

Para facer chamadas internacionais, prema * dúas veces para marcar o prefixo
internacional (o carácter + substitúe o código de acceso internacional), insira o
código do país, o prefixo local sen antepor o 0, se é preciso, e o número de
teléfono.

2. Para chamar a un número, prema a tecla de chamada.

Para axustar o volume nunha chamada, prema a tecla de baixar ou subir
volume.

3. Para rematar a chamada ou para cancelar o intento de chamada prema a tecla

rematar ou peche a tapa.

Para acceder directamente á lista de números marcados hai pouco tempo, prema
unha vez a tecla de chamada no modo de espera. Para chamar a un número,
seleccione o número ou nome e prema a tecla de chamada.

Responda ou rexeite a chamada

Para responder a unha chamada, prema a tecla de chamada. Para rematar unha
chamada, prema a tecla rematar.

Para rexeitar unha chamada, prema a tecla rematar.

Para silenciar a melodía, seleccione Silenciar. Logo responda ou rexeite a
chamada.

background image

21

C h a m a d a s

Marcación rápida

É posible asignar un número de teléfono a unha das teclas de marcación rápida,
2-9. Vexa “Marcación rápida”, páx. 33. Para chamar ao número, proceda dunha
das formas seguintes:

• Prema unha tecla de marcación rápida e despois a tecla de chamada.

• Se a marcación rápida está activada, prema e manteña pulsada a tecla de

marcación rápida ata que comece a chamada. Vexa Marcación rápida en
“Chamar”, páx. 39.

Marcación por voz mellorada

A marcación por voz permítelle facer unha chamada dicindo o nome dun contacto
gardado. As ordes por voz non dependen do idioma. Para fixar o idioma, vexa
Idioma de recoñecemento de voz en “Teléfono”, páx. 40.

Nota: a utilización de etiquetas de voz pode resultar difícil en ambientes con ruído
ou durante unha urxencia, polo tanto, non debe confiar unicamente na marcación
por voz.

1. No modo de espera, prema e manteña a tecla de baixar volume. Soará un ton

breve e amosarase Fale agora.

2. Pronuncie claramente a orde por voz. Se o programa recoñece a voz,

amosarase unha lista cos resultados. O teléfono reproducirá a orde por voz do
primeiro resultado da lista. Se non é o resultado correcto, desprácese ata outra
entrada.

A utilización de ordes por voz para executar unha función determinada do
teléfono é similar á marcación por voz. Vexa Ordes por voz en “Os meus accesos
directos”, páx. 35.