■ Inserción de texto preditivo
Consello: para activar ou desactivar rapidamente a inserción de texto
preditivo cando se está escribindo, prema # dúas veces.
Para activar o método de inserción preditivo, seleccione Opcións > Axustes
predición > Tipo de predición > Normal ou Suxest. palabras.
23
M e n s a x e s
A inserción de texto preditivo baséase nun dicionario incorporado no que pode
engadir palabras novas.
1. Comece a escribir unha palabra usando as teclas 2 a 9. O teléfono amosa * ou a
letra se ten un significado de seu como palabra. As letras inseridas amósanse
subliñadas.
2. Cando remate de escribir a palabra e sexa correcta, para confirmala, prema 0
para engadir un espazo.
Se a palabra non é correcta, prema * varias veces e seleccione a palabra da
lista.
Se se visualiza o carácter ? despois da palabra, a palabra que pretende escribir
non se atopa no dicionario. Engada a palabra ao dicionario, seleccione Escribir.
Introduza a palabra usando a inserción de texto tradicional e seleccione
Gardar.
Para escribir palabras compostas, insira a primeira parte da palabra e
desprácese á dereita para confirmala. Escriba a última parte de palabra e
confírmea.
3. Comece a escribir a seguinte palabra.