![background image](https://i.helpdoc.net/Nokia 3610 fold/gl/Nokia 3610 fold_gl023.png)
■ Inserción de texto tradicional
Prema unha tecla numérica, do 1 ao 9, de xeito repetido ata que apareza o
carácter desexado. Os caracteres dispoñibles dependen do idioma de escritura
elixido. Prema 0 para deixar un espazo. Os signos de puntuación e caracteres
especiais máis habituais están dispoñibles na tecla 1.
Para activar a inserción de texto tradicional, seleccione Opcións > Axustes
predición >Predición > Desactivada.
Se a seguinte letra que desexa escribir está na mesma tecla que está premendo,
espere ata que apareza o cursor antes de volver premer a tecla.