
4. Mensaxes
Pode ler, escribir, enviar e gardar mensaxes de texto, multimedia, correo
electrónico, audio e Flash.
O dispositivo admite mensaxes de texto de lonxitude superior ao límite para as
mensaxes simples. As mensaxes que superan ese límite envíanse coma dúas ou
máis mensaxes. O seu fornecedor de servizos aplicará unha tarifa correspondente

24
M e n s a x e s
ao número de mensaxes enviadas. Os caracteres con acentos e outros signos de
puntuación e os caracteres correspondentes a determinados idiomas ocupan máis
espazo e limitan o número de caracteres que é posible enviar nunha mensaxe.
Un indicador na parte superior da pantalla mostra o número total de caracteres
restantes e o número de mensaxes necesarias para o envío. Por exemplo, 673/2
significa que quedan 673 caracteres e que a mensaxe se vai enviar en dúas partes.