Nokia 3610 fold - Axustes de mensaxe

background image

Axustes de mensaxe

Axustes xerais

Os axustes xerais son comúns para as mensaxes de texto e multimedia.

Seleccione Menú > Mensaxes > Axustes de mensaxe > Axustes xerais e unha das
opcións seguintes:

Gardar mensaxes enviadas — para axustar o teléfono de modo que garde as
mensaxes enviadas na carpeta Elem. enviados.

Sobreescribir en Elem. enviados — para axustar o teléfono de modo que
sobrescriba as mensaxes antigas coas novas cando a memoria de mensaxes está
chea, seleccione Permitido. Este axuste amósase só se seleccionou Gardar
mensaxes enviadas
> Si.

Destinatario favorito — para seleccionar que este destinatario apareza de primeiro
nas listas de selección.

Tamaño de fonte — para seleccionar o tamaño da letra empregada nas mensaxes.

Emoticonas gráficas — para axustar o teléfono de xeito que substitúa as
emoticonas baseadas en caracteres polas súas equivalentes gráficas.

Mensaxes de texto

Os axustes das mensaxes de texto afectan ao envío, á recepción e á visualización
das mensaxes de texto e SMS.

Seleccione Menú > Mensaxes > Axustes de mensaxe > Mensaxes texto e unha
das opcións seguintes:

Informes de entrega — para solicitarlle á rede que lle envíe informes de entrega
sobre as súas mensaxes (servizo de rede).

Centros de mensaxes — para axustar o nome e número de teléfono do centro de
mensaxes precisado para enviar mensaxes de texto, seleccione Engadir centro.
Recibirá este número do seu fornecedor de servizos.

Centro de mensaxes en uso — para seleccionar o centro de mensaxes en uso.

Validez de mensaxes — para seleccionar o tempo que espera a rede para entregar a
mensaxe.

Mensaxes enviadas por — para seleccionar o formato das mensaxes a enviar:
Texto, Buscapersoas ou Fax.

Usar paquetes de datos — para axustar GPRS como o transmisor SMS preferido.

background image

29

M e n s a x e s

Caracteres admitidos — para seleccionar todos os caracteres nas mensaxes para
enviar tal como se ven, seleccione Completo. Se selecciona Reducido, é posible
que os caracteres con acentos ou outros signos se convertan noutros caracteres.

Responder polo mesmo centro — para permitir que o destinatario da súa mensaxe
lle responda usando o seu centro de mensaxes (servizo de rede).

Mensaxes multimedia

Os axustes de mensaxe afectan ao envío, á recepción e á visualización das
mensaxes multimedia. Pode recibir os axustes de configuración das mensaxes
multimedia en forma de mensaxe de configuración. Vexa “Servizo de axustes de
configuración”, páx. 11. Tamén pode inserir os axustes manualmente. Vexa
“Configuración”, páx. 41.

Seleccione Menú > Mensaxes > Axustes de mensaxe > Mensaxes multim. e unha
das opcións seguintes:

Informes de entrega > Si — para solicitarlle á rede que lle envíe informes de
entrega sobre as súas mensaxes (servizo de rede).

Modo de creación MMS — para restrinxir ou permitir engadir varios tipos de
multimedia ás mensaxes.

Tamaño de imaxe (MMS) — para axustar o tamaño da imaxe nas mensaxes
multimedia.

Tempo predeterm. diapositivas — para definir o tempo predeterminado que
transcorre entre diapositivas nas mensaxes multimedia.

Permitir recepción multimedia — para recibir ou bloquear unha mensaxe
multimedia, seleccione Si ou Non. Se selecciona En rede propia, non pode recibir
mensaxes multimedia cando está fóra da súa rede propia. O axuste
predeterminado para o servizo de mensaxes multimedia é En rede propia.
A dispoñibilidade deste menú depende do seu teléfono.

Mensaxes multimedia entrantes — para permitir a recepción automática de
mensaxes multimedia, a recepción manual a requirimento do teléfono ou para
rexeitar a súa recepción. Este axuste non se amosa se Permitir recepción
multimedia
está en Non.

Permitir publicidade — para recibir ou rexeitar publicidade. Este axuste non se
amosa se Permitir recepción multimedia está en Non ou se Mensaxes multimedia
entrantes
está en Rexeitar.

Axustes de configuración — para amosar só as configuracións que permiten
utilizar mensaxes multimedia, seleccione Configuración. Seleccione un

background image

30

G u í a

fornecedor de servizos, Predeterminados ou Configur. persoal para as mensaxes
multimedia. Seleccione Conta e unha conta MMS das que aparecen nos axustes
de configuración activos.

Mensaxes de correo electrónico

Os axustes afectan ao envío, á recepción e á visualización do correo electrónico.
Pode recibir os axustes en forma de mensaxe de configuración. Vexa “Servizo de
axustes de configuración”, páx. 11. Tamén pode inserir os axustes manualmente.
Vexa “Configuración”, páx. 41.

Seleccione Menú > Mensaxes > Axustes de mensaxe > Mensaxes correo e unha
das opcións seguintes:

Nova notificación de correo — para activar ou desactivar a notificación de correo
novo.

Permitir recepción de correos — para permitir sempre a recepción de mensaxes ou
só na súa rede propia.

Responder coa mensaxe orixinal — para responder co texto orixinal nun correo
electrónico.

Tamaño de imaxe en correo — para seleccionar o tamaño predeterminado dunha
imaxe no correo electrónico.

Editar caixas do correo — para editar, borrar ou cambiar as caixas do correo en uso.