Nokia 3610 fold - Caixa do correo

background image

Caixa do correo

Antes de enviar e ler o correo electrónico cómpre abrir unha conta nova de correo
ou utilizar unha xa existente. Para comprobar se a súa conta de correo electrónico
está dispoñible, póñase en contacto co fornecedor de servizos de correo.

Configuración do correo electrónico

Seleccione Menú > Mensaxes > Miña caixa correo > Opcións > Engad. caix.
correo
>Axustes gardados.

Para inserir os axustes manualmente, seleccione Menú > Mensaxes > Miña caixa
correo
> Opcións > Engad. caix. correo > Crear manualm..

Pode recibir os axustes de configuración do correo electrónico en forma de
mensaxe de configuración.

Abrir a caixa do correo

Ao abrir a caixa do correo, o dispositivo pregúntalle se quere conectar con ela
(Conectar coa miña caixa do correo?).

Para conectar coa caixa do correo e ler cabeceiras ou mensaxes de correo
electrónico novas, seleccione Si. Cando as mensaxes se ven en liña, o dispositivo
establece unha conexión constante de datos cunha caixa do correo remota.

Para ver fóra de liña as mensaxes de correo electrónico recibidas anteriormente,
seleccione Non. Cando as mensaxes de correo electrónico se ven fóra de liña, o
dispositivo non está conectado á caixa do correo remota.

background image

27

M e n s a x e s

Escribir e enviar un correo electrónico

Pode escribir a mensaxe de correo electrónico antes de conectar co servizo de
correo ou conectar primeiro co servizo e despois escribir o correo.

1. Seleccione Menú > Mensaxes > Correo electrónico.

2. Se hai máis de unha conta de correo definida, seleccione a conta desde a cal

desexa enviar o correo.

3. Insira o enderezo de correo electrónico do destinatario, escriba o asunto

e insira a mensaxe. Para achegar un arquivo da Galería, seleccione Opcións >
Inserir.

4. Para enviar unha mensaxe de correo electrónico, seleccione Enviar > Enviar

agora.

Ler e responder a un correo electrónico

Importante: teña coidado cando abra as mensaxes. As mensaxes de correo
electrónico poden conter software daniño ou prexudicar dalgún xeito o seu
dispositivo ou ordenador.

1. Seleccione Menú > Mensaxes, o nome da conta e a mensaxe desexada.

2. Para responder a un correo electrónico, seleccione Opcións > Responder.

Confirme ou edite o enderezo de correo electrónico e o asunto e logo escriba a
resposta.

3. Para enviar unha mensaxe, seleccione Enviar > Enviar agora.