■ Mensaxes multimedia
Só os dispositivos que dispoñen de funcións compatibles poden recibir e visualizar mensaxes
multimedia. É posible que a aparencia das mensaxes varíe en función do dispositivo de
recepción.
Unha mensaxe multimedia pode conter algúns anexos.
Para verificar a dispoñibilidade e subscribirse ao servizo de rede de mensaxes
multimedia, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
Escribir e enviar unha mensaxe multimedia
É posible que a rede inalámbrica limite o tamaño das mensaxes MMS. Se a imaxe inserida
supera este límite, o dispositivo pode modificar o seu tamaño.
1. Seleccione Menú > Mensaxes > Crear mensaxe > > Opcións > A multimedia
25
M e n s a x e s
2. Insira un ou máis números de teléfono ou enderezos de correo electrónico no
campo Para: . Para localizar un número de teléfono ou enderezo de correo
electrónico memorizado, seleccione Engadir.
3. Escriba a mensaxe. Para engadir un arquivo, desprácese ás iconas da parte
inferior da pantalla. Busque o tipo de arquivo que quere e seleccione Inserir.
Desprácese ao arquivo desexado.
4. Para ver a mensaxe antes de enviala, seleccione Opcións > Vista previa.
5. Para enviar a mensaxe, seleccione Enviar.
Ler e responder unha mensaxe
Importante: teña coidado cando abra as mensaxes, xa que é posible que conteñan
software nocivo ou daniño para o dispositivo ou o ordenador.
1. Para ver unha mensaxe recibida, seleccione Amosar. Para vela despois,
seleccione Saír.
2. Para ver toda a mensaxe, no caso de conter unha presentación, seleccione
Reprodu..
Para ver os arquivos da presentación ou para ver os anexos, seleccione
Opcións > Obxectos ou Anexos.
3. Para responder á mensaxe, seleccione Opcións > Responder > Mensaxe texto,
Mensaxe correo, Mensaxe Flash, ou Mensaxe de audio. Escriba a mensaxe de
resposta.
4. Para enviar a mensaxe, seleccione Enviar.