
■ Copiar ou mover contactos
Pode mover ou copiar contactos dende a memoria do teléfono á memoria da
tarxeta SIM ou viceversa. A tarxeta SIM pode gardar nomes cun número de
teléfono unido a eles.
Para mover ou copiar contactos un por un, seleccione Menú > Guía > Nomes.
Desprácese ata o contacto e seleccione Opcións > Mover contacto ou Copiar
contacto.
Para mover ou copiar os contactos marcados, seleccione Menú > Guía > Nomes.
Desprácese ata un contacto e seleccione Opcións > Marcar. A seguir, marque
todos os outros contactos e seleccione Opcións > Mover marcadas ou Copiar
marcados.
Para mover ou copiar todos os contactos, seleccione Menú > Guía > Mover
contactos ou Copiar contactos.