Nokia 3610 fold - Gardar detalles

background image

Gardar detalles

A memoria do teléfono pode gardar diferentes tipos de números de teléfono, un
ton ou un videoclip e elementos de texto curto para un contacto.

O primeiro número gardado axústase automaticamente como predeterminado e
amósase cun marco ao redor do indicador de tipo de número (por exemplo,

).

Cando selecciona un nome dos contactos (por exemplo, para facer unha chamada),
utilízase o número predeterminado a menos que seleccione outro número.

Asegúrese de que a memoria empregada sexa do Teléfono ou dos Teléfono e SIM.
Vexa “Axustes”, páx. 32.

Busque o contacto no que quere engadir un detalle e seleccione Detalles >
Opcións > Engadir detalle.