Nokia 3610 fold - Accesorios

background image

Accesorios

As opcións seguintes amósanse só se o teléfono está conectado ou se se conectou
cun accesorio de móbil compatible.

Seleccione Menú > Axustes > Accesorios. Seleccione un accesorio e, dependendo
deste, seleccione unha das opcións seguintes:

Perfil predeterminado — para seleccionar o perfil que debe activarse
automaticamente ao conectar co accesorio seleccionado.

Iluminación — para axustar que a iluminación estea sempre acesa, seleccione
Activada. Para que a iluminación permaneza acesa durante quince segundos
despois de premer unha tecla, seleccione Automática.