Nokia 3610 fold - Chamar

background image

Chamar

Seleccione Menú > Axustes > Chamadas e unha das opcións seguintes:

Desvío de chamada — para desviar as chamadas entrantes (servizo de rede).
É posible que non consiga desviar as chamadas se algunhas das funcións de

background image

40

A x u s t e s

restrición de chamadas están activas. Vexa Servizo de restrición de chamadas en
“Seguridade”, páx. 42.

Calquera tecla responde — para responder a unha chamada entrante premendo
brevemente calquera tecla, agás a tecla de acendido, a tecla da cámara, as teclas
de selección dereita e esquerda ou a tecla rematar.

Rechamada automática — para facer un máximo de 10 intentos de chamada
despois dun intento de chamada que fallou.

Claridade de voz — para mellorar a intelixibilidade da fala, sobre todo en
ambientes ruidosos, seleccione Activar.

Marcación rápida — para marcar os nomes e os números de teléfono asignados ás
teclas de marcación rápida 2-9, prema e manteña pulsada a tecla numérica
correspondente.

Chamada en espera — para recibir unha notificación en caso de chamada entrante
durante unha chamada activa (servizo de rede), seleccione Activar. Vexa
"Chamada en espera", páx. 21.

Resumo tras chamada — para visualizar brevemente a duración e custo
aproximado (servizo de rede) despois de cada chamada.

Envío do número propio — para amosarlle o seu número de teléfono á persoa que
está chamando (servizo de rede). Para usar os axustes acordados co seu
fornecedor de servizos, seleccione Fixado pola rede.

Responder ao abrir a tapa — para responder a unha chamada abrindo a tapa.