Nokia 3610 fold - Os meus accesos directos

background image

Os meus accesos directos

Grazas aos accesos directos persoais, pode acceder rapidamente ás funcións que
emprega con máis frecuencia.

Teclas de selección esquerda e dereita

Para asignar un acceso directo á tecla de selección esquerda ou dereita, seleccione
Menú > Axustes > Meus acces. dir. > Tecla selec. esq. ou Tecla de selección dereita
e despois seleccione unha función.

Tecla de desprazamento

Para asignar outras funcións do teléfono dunha lista predefinida á tecla de
desprazamento, seleccione Menú > Axustes > Meus acces. dir. > Tecla de
navegación
.

Tecla de espera activa

Para fixar que a tecla de navegación acceda á espera activa, seleccione Menú >
Axustes > Meus acces. dir. > Clave espera.

Ordes por voz

Ordes por voz permítelle enunciar ordes para executar funcións en vez de premer
as teclas. As ordes por voz non dependen do idioma. Para fixar o idioma, vexa
Idioma de recoñecemento de voz en “Teléfono”, páx. 40.

background image

36

A x u s t e s

Para seleccionar as funcións do teléfono que queira activar con ordes por voz,
seleccione Menú > Axustes > Meus acces. dir. > Ordes por voz e unha carpeta.
Desprácese ata unha función.

indica que a etiqueta de voz está activada. Para

activar a etiqueta de voz, seleccione Engadir. Para reproducir a orde por voz
activada, seleccione Reprod.. Para usar ordes por voz, vexa “Marcación por voz
mellorada”, páx. 21.