Nokia 3610 fold - Seguridade

background image

Seguridade

Cando se atopan activadas as funcións de seguridade que restrinxen as chamadas (coma a
restrición de chamadas, o grupo de usuarios pechado ou a marcación fixa), pode que aínda
sexa posible efectuar chamadas ao número de urxencia oficial programado no teléfono.

Seleccione Menú > Axustes > Seguridade e unha das opcións seguintes:

Petición de código PIN — para que o teléfono lle solicite o código PIN cada vez que
se acenda. Algunhas tarxetas SIM non permiten que se desactive a petición de
código.

Petición código PIN2 — para seleccionar se cómpre inserir o código PIN2 para
utilizar unha determinada función do teléfono protexida co código PIN2.
Algunhas tarxetas SIM non permiten que se desactive a petición de código.

Servizo de restrición de chamadas — para restrinxir as chamadas entrantes e
saíntes do seu teléfono (servizo de rede). Cómpre ter un contrasinal de restrición.

Marcación fixa — para restrinxir as chamadas saíntes a números de teléfono
seleccionados se a súa tarxeta SIM o admite. Cando a marcación fixa estea
activada, as conexións GPRS non son posibles excepto durante o envío de
mensaxes de texto por unha conexión GPRS. Neste caso, o número de teléfono do
destinatario e o número do centro de mensaxes debe incluírse na lista de
marcación fixa.

Grupo de usuarios pechado — para especificar un grupo de xente á que pode
chamar ou do que autoriza chamadas (servizo de rede).

background image

43

M e n ú O p e r a d o r

Nivel de seguridade — para axustar que se solicite o código de seguridade cada vez
que se insira unha tarxeta SIM no teléfono, seleccione Teléfono. Se selecciona
Memoria o teléfono solicita o código de seguridade cando a memoria da tarxeta
SIM está seleccionada e desexa cambiar a memoria empregada.

Códigos de acceso — para cambiar o código de seguridade, o código PIN, o código
PIN2 ou o contrasinal de restrición.

Certificados de autoridade ou Certificados usuario — para ver a lista de autoridade
ou os certificados de usuarios descargados no teléfono. Vexa “Certificados”,
páx. 54.

Axustes do módulo de seguridade — para ver detalles do módulo de seguridade,
seleccione Petición PIN módulo ou cambie o PIN de módulo e o PIN de sinatura.
Vexa tamén “Códigos de acceso”, páx. 10.