■ Teléfono
Seleccione Menú > Axustes > Teléfono e unha das opcións seguintes:
Axustes de idioma — para axustar o idioma de visualización do teléfono,
seleccione Idioma do teléfono. Seleccione Automática para axustar o idioma
segundo a tarxeta SIM. Para axustar un idioma para a reprodución de voz,
seleccione Idioma de recoñecemento de voz. Vexa “Marcación por voz mellorada”,
páx. 21 e Ordes por voz en “Os meus accesos directos”, páx. 35.
Estado da memoria — para ver a cantidade de memoria usada e dispoñible do
teléfono.
Bloqueo de teclado automático — para bloquear o teclado automaticamente tras
un prazo de tempo cando o teléfono está no modo de espera e non se está
utilizando ningunha función. Seleccione Activado e axuste o tempo.
41
A x u s t e s
Bloqueo de teclado de seguridade — para axustar que o teléfono solicite o código
de seguridade para desactivar o bloqueo de teclado. Insira o código de seguridade
e seleccione Activado.
Saúdo inicial — para escribir a nota que aparece ao acender o teléfono.
Actualizacións do teléfono — para amosar o software existente ou instalar
actualizacións.
Selección de operador — para axustar o teléfono de modo que seleccione
automaticamente unha das redes de telefonía móbil dispoñibles na súa zona,
seleccione Automática. Seleccione Manual para seleccionar a rede que ten un
acordo de roaming co seu fornecedor de servizos.
Activación dos textos de axuda — para seleccionar se o teléfono debe amosar
textos de axuda.
Ton de inicio — para seleccionar se o teléfono debe reproducir un ton cando se
acende.
Xestión do peche da tapa — para seleccionar se o teléfono debe volver ao modo de
espera ou manter abertas todas as aplicacións cando se pecha a tapa.
Consulta voo — o teléfono pregunta se quere usar o perfil voo cada vez que se
acende. Vexa "Modo voo", páx. 19.