
■ Tons
É posible cambiar os axustes de ton do perfil activo seleccionado.
Seleccione Menú > Axustes > Tons. No menú Perfís atopará os mesmos axustes.
Se selecciona o volume máis elevado para a melodía, esta alcanzará o nivel
máximo despois de varios segundos.
Para fixar que o teléfono só emita unha melodía ao recibir chamadas dun grupo
determinado, seleccione Alerta para. Desprácese ata o grupo que desexe ou ata
Todas chamad. e seleccione Marcar.
Seleccione Opcións > Gardar para gardar os axustes ou Cancelar se non desexa
modificalos.