9. Galería
Neste menú pode xestionar imaxes, videoclips, arquivos musicais, temas, gráficos,
tons, gravacións e arquivos recibidos. Estes arquivos gárdanse na memoria do
teléfono ou nunha tarxeta de memoria microSD conectada e poden organizarse en
carpetas.
O seu teléfono admite un sistema de clave de activación para protexer o contido
adquirido. Verifique sempre as condicións de entrega de calquera contido e a clave
de activación antes de adquirilos, xa que poden estar suxeitos a pago.
As proteccións dos dereitos de autor poden evitar que algunhas imaxes, música (incluídas as
melodías) e outro contido sexa copiado, modificado, transferido ou remitido.
Para ver a lista de carpetas, seleccione Menú > Galería.
Para ver unha lista de arquivos nunha carpeta, seleccione un arquivo e despois
Abrir.
Para ver as carpetas da tarxeta de memoria ao mover un arquivo, desprácese ata a
tarxeta de memoria e prema a tecla dereita de desprazamento.