Coidado e mantemento
O dispositivo é un produto que dispón dun diseño e artesanía superiores e debe ser tratado
con coidado. As seguintes suxestións axudaranlle a conservar a cobertura da garantía.
•
Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a humidade e tódolos tipos de líquidos
poden conter minerais que corroan os circuítos electrónicos. Se o dispositivo entra en
contacto coa auga, retire a batería e agarde a que o dispositivo se seque completamente
antes de volver colocala.
•
Non use nin garde o dispositivo en áreas suxas ou poeirentas. xa que poderían producirse
danos nas súas pezas móbiles e nos compoñentes electrónicos.
•
Non garde o dispositivo en áreas quentes. As temperaturas elevadas poden reducir a vida
útil dos dispositivos electrónicos, danar as baterías e deformar ou derreter determinados
plásticos.
•
Non garde o dispositivo en areas frías. Cando o dispositivo regrese á súa temperatura
normal, é posible que se forme humidade no interior do mesmo e que se produzan danos
nas placas dos circuítos electrónicos.
•
Non tente abrir o dispositivo doutro xeito ao indicado neste manual.
•
Non deixe caer, golpee nin sacuda o dispositivo. Un manexo brusco pode producir a
rotura das placas dos circuítos e do mecanismo interno.
•
Non utilice produtos químicos agresivos, disolventes de limpeza nin deterxentes
concentrados para limpar o dispositivo.
•
Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar as pezas móbiles e impedir o
funcionamento axeitado.
•
Utilice un pano seco, suave e limpo para limpar os obxectivos da cámara, do sensor de
proximidade e do sensor de luz.
•
Use só a antena de reposto subministrada ou unha autorizada. A utilización de antenas,
modificacións ou accesorios non autorizados pode danar o dispositivo e infrinxir a
lexislación que regula o uso de dispositivos de radio.
•
Use cargadores en lugares cerrados.
60
I n f o r m a c i ó n a d i c i o n a l d e s e g u r i d a d e
•
Faga sempre unha copia de seguridade dos datos que quere manter, como os contactos e
as notas da axenda.
•
Para restablecer o dispositivo de cando en vez e así conseguir un rendemento óptimo,
apague o dispositivo e retire a batería.
As suxestións indicadas a continuación, aplícanse igualmente ó dispositivo, á batería, ó
cargador ou a calquera accesorio. Se o dispositivo non funciona correctamente, envíeo ó
centro de servizo técnico autorizado máis próximo.
Como desfacerse da unidade
O símbolo do contedor con rodas riscado cun "x" no produto, as instrucións ou a
embalaxe lémbranlle que na Unión Europea todos os produtos eléctricos e
electrónicos, as baterías e os acumuladores se deben refugar por separado ao final da
súa vida útil. Non se desfaga deste produto do mesmo xeito que dos residuos
domésticos normais.
Mediante a entrega dos produtos para a súa recollida, axudará a evitar a eliminación
incontrolada de residuos e contribuirá á reutilización de recursos materiais. Se desexa
obter información detallada, póñase en contacto co fornecedor do produto, coa
autoridade local na materia, con organizacións de produción responsable a nivel
nacional ou co seu representante local de Nokia. Para a declaración ecolóxica do
produto ou instruccións para devolver o seu produto obsoleto, consulte a información
específica do país www.nokia.com