Nokia 3610 fold - Información adicional de seguridade

background image

Información adicional de seguridade

Nenos

É posible que o dispositivo e os seus accesorios conteñan pezas pequenas. Mantéñaos fóra
do alcance dos nenos.

Entorno operativo

Este dispositivo cumpre as directrices de exposición RF cando se usa nunha posición normal
contra a orella ou cando se coloca polo menos 2,2 centímetros afastado do corpo. Se se
utiliza unha funda de transporte, unha pinza para o cinto ou un soporte para utilizar o
produto pegado ó corpo, estes non deberán conter ningunha peza de metal e deberá colocar
o dispositivo á distancia indicada anteriormente.

Para transmitir ficheiros de datos ou mensaxes, o dispositivo require unha conexión de
calidade á rede. Nalgúns casos, a transmisión de ficheiros de datos ou mensaxes pode
retrasarse ata que estea dispoñible a conexión. Asegúrese de respectar as instrucións sobre a
distancia de separación indicadas anteriormente ata completar a transmisión.

background image

61

I n f o r m a c i ó n a d i c i o n a l d e s e g u r i d a d e

Dispositivos médicos

A utilización de calquera equipo de transmisión por radio, incluídos os teléfonos
inalámbricos, pode producir interferencias no funcionamento de dispositivos médicos
incorrectamente protexidos. Póñase en contacto cun médico ou co fabricante do dispositivo
para determinar se se atopa axeitadamente protexido da enerxía de radiofrecuencia externa
ou se desexa efectuar algunha pregunta. Apague o dispositivo en centros de atención
médica cando así o esixan as normativas de mesmo. É posible que os hospitais ou os centros
de atención médica utilicen equipos que poidan resultar sensibles á enerxía de
radiofrecuencia externa.

Dispositivos médicos implantados

Os fabricantes de dispositivos médicos recomendan manter unha separación mínima de
15,3 centímetros entre o dispositivo inalámbrico e os dispositivos médicos implantados,
coma os marcapasos ou os desfibriladores cardioversores implantados, para evitar posibles
interferencias co dispositivo médico. As persoas que dispoñan dos mencionados dispositivos
deberán:

Manter sempre o dispositivo inalámbrico a más de 15,3 centímetros do dispositivo
médico cando o dispositivo inalámbrico está acendido.

Non transportar o dispositivo inalámbrico no peto da camisa.

Colocar o dispositivo inalámbrico na orella contraria ao dispositivo médico para reducir
as posibilidades de interferencias.

Apagar o dispositivo inalámbrico inmediatamente se sospeita que se producen
interferencias.

Ler e respectar as instrucións do fabricante do dispositivo médico implantado.

Se ten algunha dúbida sobre o uso do dispositivo inalámbrico cun dispositivo médico
implantado, consulte co seu médico.

Audífonos

É posible que algúns dispositivos inalámbricos dixitais creen interferncias nalgúns
audífonos. En tal caso, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.

Vehículos

Os sinais de radiofrecuencia poden afectar ós sistemas electrónicos incorrectamente
instalados ou protexidos dos vehículos, por exemplo, os sistemas de inxección de
combustible, os sistemas de ABS, os sistemas de control de velocidade electrónicos e os
sistemas de airbag. Para obter máis información, póñase en contacto co fabricante ou un
representante deste, do vehículo ou dos equipos instalados no mesmo.

O dispositivo só deberá ser reparado ou instalado nun vehículo por parte de persoal
cualificado. Unha instalación ou reparación defectuosa pode resultar perigosa e pode
invalidar a garantía do dispositivo. Comprobe regularmente que todos os dispositivos
inalámbricos do vehículo funcionen e estean montados correctamente. Non almacene nin

background image

62

I n f o r m a c i ó n a d i c i o n a l d e s e g u r i d a d e

transporte líquidos inflamables, gases ou materiais explosivos no mesmo compartimento
que o dispositivo, os seus compoñentes ou dispositivos. Nos vehículos equipados con airbag,
recorde que estes despréganse con gran forza. Non coloque obxectos, incluídos os equipos
inalámbricos instalados ou portátis, sobre o airbag ou na zona onde se desprega o airbag. Se
o equipo inalámbrico do vehículo se instala incorrectamente e o airbag se desprega, é
posible que se produzan lesións graves.

Prohíbese o uso do seu dispositivo a bordo dunha aeronave. Apague o dispositivo antes de
embarcar nun voo. O uso de teledispositivos inalámbricos nunha aeronave pode resultar
perigoso para o funcionamento do avión, interferir coa rede telefónica inalámbrica e pode
ser ilegal.

Zonas potencialmente explosivas

Apague o dispositivo en áreas onde poidan producirse explosións e obedeza tódolos sinais e
instrucións. As zonas con potencial explosivo son aquelas nas que normalmente se
recomenda que apague o motor do vehículo. As chispas nestas áreas poden orixinar
explosións ou incendios e provocar danos persoais ou incluso a morte. Apague o dispositivo
nas gasolineiras, por exemplo, preto dos surtidores de combustible das estacións de servicio.
Respecte as restricións no uso de equipos de radio nos depósitos de combustible, áreas de
almacenaxe e distribución, plantas químicas e onde se realicen explosións. Con frecuencia as
zonas onde se poden producir explosións están claramente indicadas, pero non sempre.
Entre elas inclúense as áreas baixo cuberta dos barcos, instalacións de almacenaxe e
transporte de produtos químicos, e zonas onde o aire conteña elementos químicos ou
partículas coma gran, po ou partículas metálicas. Póñase en contaco cos fabricantes dos
vehículos que utilicen gas de petróleo licuado (como propano ou butano) para determinar se
o dispositivo se pode utilizar con seguridade preto deles.

Chamadas de emerxencia

Importante: este dispositivo funciona con sinais de radio, redes inalámbricas, redes
de telefonía fixa e funcións programadas polo usuario. Se o dispositivo admite
chamadas de voz a través da Internet (chamadas de Internet), active as chamadas
de Internet e o teléfono móbil. O dispositivo intentará efectuar as chamadas de
emerxencia a través das redes móbiles e do fornecedor de chamadas de Internet se
se atopan activadas as dúas. Non se pode garantir que a conexión funcione en
todas as condicións. Nunca dependa unicamente dun dispositivo móbil para
efectuar comunicacións importantes, coma emerxencias médicas.

Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o seguinte:

1. Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe que a intensidade do sinal é a

axeitada. En función do dispositivo, é posible que tamén necesite realizar o seguinte:

Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo utiliza unha.

Elimine as restricións das chamadas que estean activadas no dispositivo.

Cambie o perfil Desconectado ou Voo a un perfil activo.

background image

63

I n f o r m a c i ó n a d i c i o n a l d e s e g u r i d a d e

2. Prema a tecla rematar as veces necesarias para borrar a pantalla e preparar o dispositivo

para chamadas.

3. Insira o número de emerxencia da localidade na que se atope. Os números de emerxencia

poden variar en cada localidade.

4. Prema a tecla Chamar.

Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite toda a información necesaria do xeito
máis preciso posible. É posible que o seu dispositivo inalámbrico sexa o único medio de
comunicación na escena dun accidente. Non finalice a chamada ata que reciba permiso para
facelo.

Información de certificación (SAR)

Este dispositivo móbil cumpre coas directrices de exposición ás ondas de radio.

O dispositivo móbil é un transmisor e receptor de radio. Está deseñado para non sobrepasar
os límites de exposición ás ondas de radiofrecuencia recomendadas polas directrices
internacionais. O organismo científico independente ICNIRP desenvolveu estas directrices,
que inclúen marxes de seguridade deseñadas para garantir a protección de todas as persoas,
independentemente da idade e da saúde.

As directrices de exposición para os dispositivos móbiles empregan unha unidade de
medición coñecida como o Índice de Absorción Específico ou SAR. O límite de SAR exposto
nas directrices de ICNIRP é de 2,0 watts/quilogramo calculado en aproximadamente 10
gramos de tecido. As probas para SAR lévanse a cabo utilizando posicións de funcionamento
estándar co dispositivo transmitindo no seu nivel de enerxía máis alto en tódalas bandas de
frecuencia probadas. O nivel de SAR real dun dispositivo en funcionamento pode estar por
debaixo do valor máximo debido a que o dispositivo está deseñado para empregar só a
enerxía xusta para conectarse coa rede. A cantidade cambia dependendo dun gran número
de factores, como a que distancia se atopa dunha estación base de rede. O valor de SAR máis
alto admitido segundo as directrices de ICNIRP para utilizar o dispositivo pegado á orella é
de 0,95 W/kg.

O uso de accesorios e melloras do dispositivo pode provocar a aparición de diferentes valores
de SAR. Os valores de SAR poden variar dependendo das necesidades de información e
probas nacionais e da banda de rede. Se desexa obter información de SAR adicional, consulte
a sección de información do produto da páxina web www.nokia.com.

background image

64