Nokia 3610 fold - Actualizacións de software

background image

Actualizacións de software

É posible que Nokia produza actualizacións de software que ofrezan funcións novas,
melloradas ou cun funcionamento mellorado. É posible solicitar estas actualizacións
mediante a aplicación de ordenador Nokia Software Updater. Para actualizar o software do
dispositivo precisa a aplicación Nokia Software Updater e un ordenador compatible co
sistema operativo Microsoft Windows 2000 ou XP, acceso a Internet de banda ancha e un
cable de datos compatible para conectar o dispositivo co ordenador.

Para obter máis información e descargar a aplicación Nokia Software Updater, visite a
páxina web www.nokia.com/softwareupdate ou o sitio web local de Nokia.

A descarga de actualizacións de software pode implicar a transmisión de grandes cantidades
de datos a través da rede do seu fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos para obter información acerca das tarifas de transmisión de datos.

O seu fornecedor de servizos pode enviar actualizacións de software do teléfono
polo aire (OTA) directamente ao seu dispositivo. Talvez non estea dispoñible esta
opción, dependendo do seu teléfono.

Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte o
cargador antes de iniciar a actualización.

Advertencia: se instala unha actualización de software, non pode usar o
dispositivo, nin sequera chamadas de emerxencia, ata que se remate a
instalación e se reinicie o aparello. Asegúrese de efectuar unha copia de
seguridade dos datos antes de aceptar a instalación dunha actualización.