■ Códigos de acceso
Para axustar como o teléfono debe utilizar os códigos de acceso, seleccione
Menú > Axustes > Seguridade.
• O bloqueo de teclado impide que as teclas se
preman de forma accidental:
1. Para bloquear o teclado, seleccione, coa tapa
aberta, Menú > * en 3,5 segundos.
2. Para desbloquear o teclado, seleccione, coa
tapa aberta, Menú > * en 1,5 segundos.
Para responder a unha chamada cando o teclado
está bloqueado, prema a tecla de chamada.
Cando remata ou rexeita a chamada, o teclado
bloquéase automaticamente.
11
I n f o r m a c i ó n x e r a l
Tamén pode seleccionar Menú > Axustes > Teléfono > Bloqueo de teclado
automático ou Bloqueo de teclado de seguridade > Activado ou Desactivado.
Se o bloqueo de teclado de seguridade está activado, insira o código de
seguridade cando se requira.
• O código de seguridade (5 a 10 cifras) protexe o seu teléfono contra un uso non
autorizado. Pode crear ou cambiar o código e activar ou desactivar este axuste.
Se esquece o código e o teléfono está bloqueado, deberá levalo ao servizo
técnico e pode que teña que pagar por este concepto. Para máis información,
póñase en contacto co centro Nokia Care ou co seu distribuidor.
• O código PIN, subministrado coa tarxeta SIM, protexe a tarxeta contra o uso
non autorizado.
• O código PIN2, subministrado con algunhas tarxetas SIM, é necesario para
acceder a determinados servizos.
• Os códigos PUK e PUK2 poden ser subministrados coa tarxeta SIM. Se insire o
código PIN ou PIN2 incorrectamente tres veces seguidas, pediráselle o código
PUK ou PUK2. Se non dispón deles, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.
• O contrasinal de restrición (4 cifras) é preciso para restrinxir as chamadas
entrantes e saíntes do seu teléfono.
• Para ver ou cambiar os axustes do módulo de seguridade, se está instalado,
seleccione Menú > Axustes > Seguridade > Axustes do módulo de seguridade.