Nokia 3610 fold - Consellos útiles

background image

Consellos útiles

Antes de levar o teléfono a un centro de servizo técnico

P: Que podo facer para reparar as avarías de funcionamento do meu teléfono?

R: Tente facer o seguinte:

• Apague o teléfono. Extraia a batería e vólvaa colocar.

• Recupere os axustes predeterminados. Seleccione Menú > Axustes > Recup

axustes predet. Os nomes e números de teléfono gardados na Guía non se
borran.

• Actualice o seu teléfono con Nokia Software Updater, se está dispoñible. Visite

a web www.nokia.com/softwareupdate ou a súa páxina local de Nokia.

Conectividade para Bluetooth

P: Por que o teléfono non atopa ningún dispositivo Bluetooth?

R: Asegúrese de que:

• Ambos dispositivos teñen activada a conectividade Bluetooth e son

compatibles.

• A distancia entre ambos dispositivos non é superior a dez metros. Non hai

paredes nin ningún outro tipo de obstrución entre os dispositivos.

• O outro dispositivo non está en modo oculto.

Chamadas

P: Que debo facer para cambiar a melodía?

R: Seleccione Menú > Axustes > Tons.

Guía

P: Que debo facer para engadir un contacto novo?

R: Para o primeiro contacto, seleccione Menú > Guía > Nomes > Engad. novo
cont.
.

P: Que debo facer para engadirlle información adicional a un contacto?

R: Busque o contacto desexado, despois seleccione Detalles > Opcións > Engadir
detalle
.

Menús

P: Que debo facer para cambiar a aparencia dos menús?

background image

8

I n f o r m a c i ó n x e r a l

R: Para cambiar a vista do menú, seleccione Menú > Opcións > Vista menú ppal..

P: Que debo facer para personalizar o meu menú?

R: Para reorganizar o menú, seleccione Menú > Opcións > Organizar. Desprácese
até a opción do menú que desexa mover e seleccione Mover. Desprácese á
posición desexada e seleccione Aceptar.

Mensaxes

P: Que debo facer para configurar o meu correo electrónico?

R: Para usar a función de correo electrónico no seu teléfono precisa un sistema de
correo electrónico compatible. Examine os seus axustes de configuración de
correo electrónico co seu fornecedor de servizos de correo.

Conectividade co ordenador

P: Por que non consigo conectar o teléfono co ordenador?

R: Comprobe que Nokia PC Suite está instalado e funciona no ordenador. Consulte
a guía de usuario ou a función de axuda para Nokia PC Suite. Visite tamén as
páxinas de axuda que atopará en www.nokia.com.

Accesos directos

P: Dispón o teléfono de accesos directos?

R: Existen varios accesos directos no seu teléfono:

• Para acceder á lista dos últimos números marcados ou das chamadas recibidas,

prema unha vez a tecla de chamada. Desprácese ata o número ou nome que
desexa e prema a tecla de chamada.

• Para abrir o navegador, manteña premida a tecla 0.

• Para chamar á súa caixa do correo de voz, manteña premida a tecla 1.

• Empregue a tecla de desprazamento como acceso directo. Vexa “Os meus

accesos directos”, páx. 35.

• Para pasar ao perfil Silenciar ou volver ao perfil Normal, manteña premida a

tecla #.