Nokia 3610 fold - Servizos de rede

background image

Servizos de rede

Para utilizar o teléfono, cómpre dispoñer dos servizos dun fornecedor de servizos
sen fíos. Moitas das funcións do produto requiren dispoñer de funcións especiais
de rede. Estas funcións non se atopan dispoñibles en tódalas redes; é posible que
para poder utilizar os servizos de rede noutras redes sexa necesario establecer
acordos específicos co seu fornecedor de servizos. Este pode facilitarlle
instrucións e explicarlle os importes que lle serán cargados polo servizo. É posible
que algunhas redes teñan limitacións que afecten ao modo en que pode utilizar os
servizos de rede. Por exemplo, é posible que algunhas redes non admitan tódolos
caracteres e servizos dependentes dos idiomas.

É posible que o seu fornecedor de servizos solicitara a inhabilitación ou a
desactivación dalgunhas funcións no seu teléfono. Nese caso, estas funcións non
aparecerán no menú do seu teléfono. O seu teléfono tamén poder ter unha
configuración especial como cambios en nomes de menús, orde no menú e iconas.
Póñase en contacto so seu fornecedor de servizos para obter máis información.

background image

10

I n f o r m a c i ó n x e r a l

O dispositivo é compatible cos protocolos WAP 2.0 (HTTP e SSL) que se executan
nos protocolos TCP/IP. Algunhas funcións deste dispositivo, como as mensaxes
multimedia (MMS), navegación, aplicación de correo electrónico, mensaxería
instantánea, presenza de contactos reforzados, sincronización remota e descarga
de contido usando o navegador ou MMS, precisan o soporte dunha rede para estas
tecnoloxías.