Nokia 3610 fold - Verbo do dispositivo

background image

Verbo do dispositivo

O dispositivo sen fíos que se describe nesta guía está autorizado para utilizarse
nas redes EGSM 850 e 900 e nas GSM 1800 e 1900. Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos para obter máis información acerca das redes.

background image

9

I n f o r m a c i ó n x e r a l

Cando utilice as funcións deste dispositivo, respecte a lexislación e os costumes
locais, a intimidade e os dereitos lexítimos das demais persoas, incluídos os
dereitos de autor.

É posible que as leis de protección dos dereitos de autor non autoricen a copia,
modificación ou transferencia dalgunhas imaxes, música e demais contido.

É posible que o dispositivo dispoña de favoritos e ligazóns de sitios web de
terceiras partes preinstalados. Tamén é posible acceder a outros sitios web de
terceiras partes mediante o dispositivo. Os sitios web de terceiras partes non
teñen ningún tipo de relación con Nokia, polo que Nokia non asumirá ningunha
responsabilidade correspondente a eles. Se decide acceder ós sitios mencionados,
deberá tomar precaucións relacionadas coa seguridade ou cos contidos.

Efectúe copias de seguridade ou manteña rexistros escritos da información
importante almacenada no dispositivo.

Antes de efectuar a conexión a calquera outro dispositivo, lea a guía de usuario
para obter instrucións detalladas de seguridade. Non conecte produtos non
compatibles.

Advertencia: para usar calquera función deste dispositivo, agás o
espertador, o dispositivo debe estar aceso. Non acenda o dispositivo en
lugares nos que poida provocar interferencias ou poida supoñer un
perigo.