Nokia 3610 fold - Xestión dos dereitos dixitais

background image

Xestión dos dereitos dixitais

É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes tipos de tecnoloxías
de xestión de dereitos dixitais (DRM) para protexer a súa propiedade intelectual,
incluídos os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software
DRM para acceder a contido protexido mediante DRM. Con este dispositivo é
posible acceder a contido protexido con WMDRM 10. Se un determinado software
DRM non protexe o contido, é posible que os propietarios do contido soliciten que
se anule a capacidade do mencionado software de acceder a contidos novos
protexidos mediante DRM. Esta anulación pode tamén impedir a renovación do
contido protexido que xa se atope no dispositivo, mediante DRM. Esta anulación
non afectará o uso de contido protexido con outros tipos de DRM ou o uso de
contido non protexido mediante DRM.

Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse cunha
clave de activación asociada que define os seus dereitos para utilizar o contido.

Se o seu dispositivo dispón de contido protexido mediante OMA DRM, para facer unha copia
de seguridade das claves de activación e do contido, utilice a función de copia de seguridade
de Nokia PC Suite. É posible que outros métodos de transferencia non transfiran as claves de
activación que é necesario recuperar co contido para que poida continuar utilizando o
contido protexido mediante OMA DRM despois de formatar a memoria do dispositivo. Tamén
é posible que necesite recuperar as claves de activación en caso de que se danen os ficheiros
do dispositivo.

Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante WMDRM, as claves de activación e o
contido perderase se formata a memoria do dispositivo. Tamén é posible que perda as claves
de activación e o contido se se danan os ficheiros do dispositivo. A perda das claves de
activación ou do contido pode limitar a súa capacidade para utilizar o mesmo contido no seu
dispositivo de novo. Para obter máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.

background image

14

I n t r o d u c i ó n